domingo, 28 de marzo de 2010

Análise da interactividade

A interactividade na edición dixital de El Progreso de Lugo

Deborah Castro / Laura Torres

- Interactividade lingüística: na parte superior da portada, o xornal ofrece a oportunidade ao lector de traducir todas as novas, publicadas en castelán, ao galego.

- Interactividade personalizada co usuario: o xornal dálle oportunidade ao lector de rexistrarse na súa páxina. Isto permite ver o historial de votos e comentarios que o usuario foi deixando nas pezas. Cómpre engadir que o proceso de rexistro é moi sinxelo e rápido.

Outro tipo de interactividade personalizada, e que non require un rexistro previo, son as opcións que se presentan para facilitar a lectura (cambio de tamaño de letra), a obtención da noticia en físico (versión para imprimir), a obtención dunha copia en dixital (envío por e-mail), relación directa co autor da noticia (notificar corrección), a opción de publicación en redes sociais (menéame, Chuza!, del.icio.us, My Yahoo!) e a posibilidade de coñecer escritos de diversos tipos relacionados coa nova (“Ver blogs que enlazan aquí”).

O sistema de sindicación de contidos RSS, que permite ao usuario consultar as novidades dunha páxina web en calquera momento sen necesidade de visitala, pode considerarse dentro deste tipo de interactividade. No caso concreto que nos atinxe, o lector ten a opción de escoller a recepción das novas en galego ou español, as diferentes seccións do xornal (Cultura, Deportes, España…), artigos de opinión e incluso o diario (El Progreso de Lugo ou Diario de Pontevedra). Ademais, o sistema RSS complétase cos blogs do grupo Galiciaé.

Por último, as opcións de busca e consulta da hemerotecapermite ao lector ser preciso na busca de informacións independentemente da súa data e espazo de publicación dentro do xornal.

- Interactividade e feedback: este xornal dixital dá a opción de expresar aos lectores a súa opinión así como de facer a súa valoración das pezas xornalísticas publicadas a través de dous sistemas: os comentarios e as votacións. En ambos casos, o resultado da interacción vese reflectida de forma practicamente instantánea na páxina web e non precisa dun rexistro previo (aínda que no caso dos comentarios si é necesario poñer un Nick e unha dirección de correo electrónico). De feito, no caso concreto dos comentarios estes se publican nada máis ser enviados sen pasar un proceso de revisión por parte dos responsables de El Progreso. Ademais, danlle un tempo de 3 minutos para que o usuario poida editar o seu propio comentario.

Ademais, o xornal convida ao usuario a que mostre a súa opinión xa na mesma páxina de portada. Isto é, aquelas pezas que aínda non foron comentadas aparecen acompañadas do seguinte interrogante “¿Comentas?”. Ademais, un aspecto que nos resulta canto menos curioso é a forma na que o xornal decide dar certas pautas ao lector para a utilización do sistema de comentarios: trata o lector de “ti”, o que reforza a proximidade, e cun vocabulario sinxelo e directo. Por exemplo:

“Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados. Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la
guía de comentarios.”


“Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada).”


Estreitamente ligado co sistema de voto está a aplicación que destaca en portada as noticias “Más Votadas” polos lectores así como as “Más Vistas”. Isto podería influír na lectura das pezas consideradas de máis interese informativo.

Todo isto implica un importante grao feedback entre o usuario e o xornal que enriquece, polo tanto, a relación entre ambos. Outro exemplo claro desta relación é a creación de enquisasou a posibilidade que ten o lector de poñerse en contacto co diario (xa sexa a partir dun e-mail ou a través das Cartas al Director).

- Interactividade entre usuarios: o exemplo máis claro atopámolo no Foro onde os lectores poden expoñer as súas ideas e opinións.