domingo, 28 de marzo de 2010

Análise da interactividade

A interactividade na edición dixital de El Progreso de Lugo

Deborah Castro / Laura Torres

- Interactividade lingüística: na parte superior da portada, o xornal ofrece a oportunidade ao lector de traducir todas as novas, publicadas en castelán, ao galego.

- Interactividade personalizada co usuario: o xornal dálle oportunidade ao lector de rexistrarse na súa páxina. Isto permite ver o historial de votos e comentarios que o usuario foi deixando nas pezas. Cómpre engadir que o proceso de rexistro é moi sinxelo e rápido.

Outro tipo de interactividade personalizada, e que non require un rexistro previo, son as opcións que se presentan para facilitar a lectura (cambio de tamaño de letra), a obtención da noticia en físico (versión para imprimir), a obtención dunha copia en dixital (envío por e-mail), relación directa co autor da noticia (notificar corrección), a opción de publicación en redes sociais (menéame, Chuza!, del.icio.us, My Yahoo!) e a posibilidade de coñecer escritos de diversos tipos relacionados coa nova (“Ver blogs que enlazan aquí”).

O sistema de sindicación de contidos RSS, que permite ao usuario consultar as novidades dunha páxina web en calquera momento sen necesidade de visitala, pode considerarse dentro deste tipo de interactividade. No caso concreto que nos atinxe, o lector ten a opción de escoller a recepción das novas en galego ou español, as diferentes seccións do xornal (Cultura, Deportes, España…), artigos de opinión e incluso o diario (El Progreso de Lugo ou Diario de Pontevedra). Ademais, o sistema RSS complétase cos blogs do grupo Galiciaé.

Por último, as opcións de busca e consulta da hemerotecapermite ao lector ser preciso na busca de informacións independentemente da súa data e espazo de publicación dentro do xornal.

- Interactividade e feedback: este xornal dixital dá a opción de expresar aos lectores a súa opinión así como de facer a súa valoración das pezas xornalísticas publicadas a través de dous sistemas: os comentarios e as votacións. En ambos casos, o resultado da interacción vese reflectida de forma practicamente instantánea na páxina web e non precisa dun rexistro previo (aínda que no caso dos comentarios si é necesario poñer un Nick e unha dirección de correo electrónico). De feito, no caso concreto dos comentarios estes se publican nada máis ser enviados sen pasar un proceso de revisión por parte dos responsables de El Progreso. Ademais, danlle un tempo de 3 minutos para que o usuario poida editar o seu propio comentario.

Ademais, o xornal convida ao usuario a que mostre a súa opinión xa na mesma páxina de portada. Isto é, aquelas pezas que aínda non foron comentadas aparecen acompañadas do seguinte interrogante “¿Comentas?”. Ademais, un aspecto que nos resulta canto menos curioso é a forma na que o xornal decide dar certas pautas ao lector para a utilización do sistema de comentarios: trata o lector de “ti”, o que reforza a proximidade, e cun vocabulario sinxelo e directo. Por exemplo:

“Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados. Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la
guía de comentarios.”


“Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada).”


Estreitamente ligado co sistema de voto está a aplicación que destaca en portada as noticias “Más Votadas” polos lectores así como as “Más Vistas”. Isto podería influír na lectura das pezas consideradas de máis interese informativo.

Todo isto implica un importante grao feedback entre o usuario e o xornal que enriquece, polo tanto, a relación entre ambos. Outro exemplo claro desta relación é a creación de enquisasou a posibilidade que ten o lector de poñerse en contacto co diario (xa sexa a partir dun e-mail ou a través das Cartas al Director).

- Interactividade entre usuarios: o exemplo máis claro atopámolo no Foro onde os lectores poden expoñer as súas ideas e opinións.

martes, 23 de febrero de 2010

La USC elige un nuevo rector el 5 de mayo

La Universidade de Santiago de Compostela celebrará el 5 de mayo la elección de un nuevo rector o rectora que dirigirá la institución durante los próximos 4 años, según lo informado por la Comisión Electoral Central. En el proceso también se llevará a cabo la elección de los componentes del Claustro, y los consejos de departamento.

En el censo electoral, señalado por la normativa electoral, se podrán realizar reclamaciones hasta el 8 de marzo. Las candidaturas deberán presentarse antes del 7 de abril, haciéndose definitivas el 19 de ese mismo mes. La campaña electoral se prolongará del 20 de abril al 3 de mayo.

Si las candidaturas no consiguen la mayoría absoluta, las dos más votadas se llevarán a una segunda vuelta, que se extenderá del 19 al 22 de mayo y el nuevo día de votación será el 24 de este mes. La proclamación definitiva, en este caso, será el 4 de junio. Habrá la posibilidad de ejercer el voto anticipado, tanto en la primera como en la segunda vuelta, si es el caso, y será del 29 de abril al 3 de mayo y del 20 al 21 de mayo.

Desde que en 1984 la USC celebró la primera votación democrática no se habían presentado más de tres opciones. Actualmente, se espera que confirmen seis aspirantes, entre ellos dos mujeres: la genetista y ex conselleira Laura Sánchez Piñón y la filóloga Mercedes Brea, quienes han confirmado que optarán al puesto, y se espera que la química Pilar Bermejo también lo haga. Juan Casares Long, Jaime Gómez Márquez y Lourenzo Fernández Prieto, completan la lista de rectorables.

Los estatutos de la Universidade establecen que el sistema de elección del máximo representante de la institución será mediante el sufragio universal ponderado, en el que el personal docente tiene más peso que los otros sectores. Podrán ejercer su derecho a voto el Personal Docente e Investigador (PDI); funcionarios, investigadores en formación, estudiantes y Personal de Administración y Servicios (PAS). Los censados podrán ejercer su derecho al voto anticipado.

Para las elecciones de los consejos de departamento los sectores son los de PDI, con dedicación a tiempo parcial e investigadores en formación, PAS, estudiantes de tercer ciclo y estudiantes de primero y segundo ciclo. Mientras que el caso del Claustro, los sectores electorales comprenden al conjunto de la comunidad universitaria.

Posibles candidatos al rectorado

Mercedes Brea. A catedrática de Filoloxía Románica (A Estrada, 1950) presentarase como independente, pero co apoio da PUP.

Juan Casares Long. En 2006 este catedrático de Enxeñería Quí¬mica (A Coruña, 1950) foi o único rival de Barro. Empatou con el en votos, pero grazas ós estudantes, cuxa voz pesa menos.

Laura Sánchez Piñón. A catedrática de Xenética e ex con¬selleira de Educación co Bipartito (Bos Aires, 1954) é a primeira candidatura que "nace" no campus de Lugo. Preséntase como independente.

Lourenzo Fernández Prieto.O catedrático de Historia (Ribadeo, 1961) será o as¬pirante máis novo, aínda que con máis experiencia no reitorado. No errado tripartito de Barro foi vicerreitor de Universidade Aberta (UA).

Jaime Gómez Márquez. O decano de Bioloxía (A Coruña, 1957) preséntase como independente.

Pilar Bermejo Barreira. A catedrática de Química Analítica (Santiago, 1956) aínda non confirmou a súa candidatura.